27 marzo 2024

    Mércores 27 de marzo. Último día de programación antes do descanso (non sabemos se merecido) que imos tomar este xoves e venres. Hoxe temos unha nova entrega de ABRETEDEORELLAS no que Pepe Cunha trae temas de O SONORO MAXÍN @o_sonoro_maxin , @depedromusic ou @abandadaloba . Despois, CARNE CRUDA con "Derroteros: Los Enemigos, con Inés García y Paula Ducay"

Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com ou www.zeno.fm/radio/radio-neria/

25 marzo 2024

Alumnado do CEIP Praia de Quenxe, hoxe na programación de Radio Neria

 Hoxe luns, 25 de marzo, presentamos en Radio Neria os podcast realizados polos alumnos e alumnas do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Nestes podcast participan tódolos alumnos e alumnas, desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Unha gozada ver como a rapazada fai un traballo tan serio e o compromiso do profesorado á hora de levar a cabo os programas. Ogallá este sexa o principio dunha nova andaina.

09 octubre 2023


     Hoxe luns comezamos coa emisión dos podcast de ONDA ODS, un proxecto levado a cabo pola EMA, Asociación de Emisoras de Radio e Televisión Municipais de Andalucía, a REMC, Rede Estatal de Medios Comunitarios, EMUGA Emisoras Municipais galegas e RTV Cardedeu La Xarxa. Un proxecto no que participa Radio Neria coa elaboración e emisións dos podcasts. Despois continuamos coa programación habitual de cada luns: COIDANDO A SAÚDE, hoxe coa matroa Jessica Maneiro. QUE LES, CORCUBIÓN? no que aproveitamos para emitir a presentación do libro de Robertro Traba que tivo lugar o pasado venres na biblioteca municipal. E para rematar, CARNE CRUDA, no que a xornalista Ángeles Caballero, fala do libro "los parques de atracciones también cierran", un retrato propio que tamén é un cadro fidedigno da realidade española.

Aí estamos, no 107.8 da FM, e na web, en www.radioneria.blogspot.com

08 octubre 2023




    A preocupación polo coidado do planeta é un dos motores do programa Onda ODS que o vindeiro luns comezará a emitir Radio Neria, conxuntamente con outros 240 medios locais do Estado. Falarase de prácticas respectuosas co medio ambiente. Os contidos pretenden achegar ao local os Obxectivos de Desenvolvementno Sustentables (ODS) definidos pola ONU en 2015. 

    Poñeráse especial atención á igualdade de xénero, cambio climático, promoción da agricultura ecolóxica e da artesanía, redución de residuos plásticos e á loita por unha educación de calidade. Ademáis dos programas -con formato reportaxe e duns dez minutos de duración- a iniciativa Onda ODS Empeza por ti, tamén propoñerá aos ointes da radio local a formulación de retos individuais que vaian na liña dos obxectivos marcados. 

    Ademáis do espazo radiofónico e dos pódcast, os retos individuais irán acompañados de actividades na liña de fomentar hábitos sustentables para a consecución da Axenda 2030 e ao tempo visibilizar boas prácticas existentes na comarca. 

    Onda ODS empeza por ti é unha iniciativa conxunta de Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucía, La Xarxa de Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios. Continua un proxecto xa iniciado en 2022 e conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

 

Máis información: www.ondaods.org


 

07 octubre 2023


     Hoxe temos na nosa programación a unha protagonista moi especial, a escritora ceense Concha Blanco. Desde as 11:00 da mañá, Pepe Formoso conversará en FALAR SEN CANCELAS coa escritora e mestra xubilada, facendo un percorrido pola súa vida, as súas lembranzas e experiencias.