14 mayo 2009

Aspadex volta á Radio



A radiONeria e a Radio Roncudo están moi ledas de recibir de novo aos integrantes da Asociación Aspadex. Cada venres, ás 12:00 da mañá estarán varias persoas con discapacida intelectual disfrutando da radio, e informando das novidades arredor do centro.

Este venres virán cun obxectivo claro: conseguir voluntarios que axuden no centro. Son moitos os discapacitados que desenvolven boa parte das súas vidas no centro de Toba, e son moitas as necesidades que hai que cubrir.

Os alumnos do centro ofrecen todo o seu cariño a todas aquelas persoas que poidan achegarse a axudar. Así o refrenda Natalia, unha das voluntaria. "O cariño desta xente non se paga con nada", afirma.

Na fotografía podemos ver arriba a Genma e a Karina, unha das responsables de Aspadex, e abaixo de esquerda a dereita, á voluntaria Natalia, a Rosana e a Luis. Estes foron os primeiros que se achegaron polas instalacións da radiONeria por priemira vez, e cada semana irán chegando outros grupos.


Como ser voluntario


Non é necesaria ningunha clase de titulación nin homologación para botar unha man na asociación. As necesidades son moi variadas, e van dende axudar na comida, ata acompañar nas viaxes e nos deportes aos discapacitados.

Poden poñerse en contacto con Aspadex en:


  • Teléfono: 981 74 53 81.

  • Correo electrónico: aspadex@yahoo.es.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Deberiades facer unha corrección, non se trata de persoas cunha enfermidade mental,senón con discapacidade intelectual. Non é o mesmo.

radiONeria dijo...

gracias por ese comentario. Perdoa o error.

saudoss