06 mayo 2024



Luns 6 de maio. Comezamos unha nova semana en Radio Neria. Hoxe temos unha nova edición de QUE LES, CORCUBIÓN?. No programa de hoxe, volvemos con Abraham Trillo e a súa sección: ABRAHAM TIRA AO MONTE. Despois, CARNE CRUDA, hoxe con: "Genocidios olvidados: Sudán y el recuerdo de Ruanda"
Empezamos hoxe ás 11:30 e retomamos ás 21:30 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

04 mayo 2024


CHÍOS AO MENCER, este domingo, ás 7:30 da mañá, en Radio Neria. 

Co artista sonoro Xoan-Xil López, volveremos disfrutar da experiencia vivida o pasado 14 de abril no Monte Cambeiro, no que se celebrou unha escoita de paxaros colectiva. Esta acción dá comezo o domingo 5 de maio, coincidindo coa celebración mundial do coro do amencer.

Esperámosvos ás 7:30 da mañá no 107.8 da FM, e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

02 mayo 2024


Xoves 2 de maio. Benvidos a programación de hoxe en Radio Neria. Como cada xoves arrancamos as nosas emisións cun novo programa de CHEGAR A BO PORTO. Nesta ocasión, Luis Corral entrevista a Daniel Formoso, Patrón Maior da Confraría de pescadores de Muros. Despois, un momento para a poesía con Manuel Oliveira Gómez, "Manolín", en REALIDADE E SOÑOS. E rematamos con MUNDOFONÍAS, hoxe con: "Crónica de Mérida y Marsella".
Esperámosvos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

30 abril 2024


 Martes 30 de abril. Pechamos este mes coa nosa programación de martes, na que arrancamos con DISQUE. Hoxe, cremos que Maruxiña dos Queixos non vai deixar ocasión de falar destes días de reflexión do presidente Sánchez. Despois, O RECUNCHO DO ESTUDANTE, Aloia, Valeria, Carla e Irene van falar sobre o que significa a música para elas. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: "Fuera de lo normal".
Escoitámosnos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
E lembrade que tamén estamos en Ivoox e Spotify

29 abril 2024

 


Presentación literaria de Lola Rontano en Radio Neria

Luns 29 de abril. En Radio Neria arrancamos unha nova semana con QUE LES, CORCUBIÓN?. Desta vez, escoitamos a presentación do libro "Esperta do teu sono", de Lola Rontano, na Biblioteca Municipal de Corcubión. E despois, CARNE CRUDA, hoxe con: "Nuevos pobres: por qué trabajas y no llegas".
Esperámosvos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com, www.zeno.fm/radio/radio-neria/ e tamén Ivoox e Spotify.